Xogamos co magnetismo! (Sesión de RobotiCRA do 17 de setembro)
Nesta sesión de RobotiCRA exploramos un tema moi especial: os imáns.
- Na segunda, deseñaron o seu medio de transporte favorito nun papel e, despois de pegarlle un circuliño para que se atraese co imán, tiñan que conducilo por unha estrada colocando o imán pola parte inferior, facendo así que o vehículo se desprazase pola estrada como por arte de maxia! Había diferentes estradas, con máis ou menos curvas, para adaptarse aos distintos niveis de dificultade.
Mentres uns facían estas propostas, o resto do grupo dedicouse á construción libre con pezas magnéticas, experimentando como se atraen e se repelen os imáns, e creando todo tipo de estruturas orixinais.
Foi unha sesión moi divertida, chea de descubrimentos, concentración e creatividade. A través do xogo, aprendemos un pouquiño máis sobre o magnetismo e seguimos desenvolvendo a nosa curiosidade científica!





No hay comentarios:
Publicar un comentario