Entradas

Mostrando entradas de 2018

Nadal 2018

Imagen

Festival Nadal 2018

Imagen

Aniversarios 1º Trimestre

Imagen

Segundo almorzo

Imagen

EXPLORAMOS NOVOS ROBOTS

Imagen
Un novo coche robot aparca en Bértola. Non é como a beebot, o coche robot lee os nosos  debuxos porque ten un sensor de imaxe. É moi divertido debuxar circuitos e poñer  a proba o noso robot.

O MAGOSTO

Imagen
Agradecemento ás familias pola súa colaboración na celebración. Moitas grazas.

Almorzo saudable

Imagen

SAMAÍN EN BÉRTOLA

Imagen
Agradecemento a todos os pais/nais pola vosa colaboración para poder festexar esta data.

VISITA A APÍPOLIS

Imagen

ROBÓTICA DE SAMAÍN

Imagen
UNHA SESIÓN DE MEDO!

CABACIÑAS DE CONTO

Imagen
PINOCHO, o LOBO, CAMPANILLA e o PRÍNCIPE RA. O CASTELO, a BRUXA, a CASIÑA DE CHOCOLATE e os TRES PORQUIÑOS IRENE CONTOUNOS O CONTO DE CARAPUCHIÑA VERMELLA!!

Nunha Finca De Millo

Imagen
GRAZAS A PILA POR DEIXARNOS IR A SUA FINCA E A JOSE POR ACOMPAÑARNOS.

CABAZAS NO OUTONO

Imagen

Exposición no Café Moderno

Imagen

Saída polo río dos Gafos

Imagen
HOXE FIXEMOS UNHA SAÍDA POLO RÍO DOS GAFOS ACOMPAÑADOS POR MEMBROS DA ASOCIACIÓN "VAI POLO RÍO". ENSINÁRONNOS MOITAS COUSAS DO RÍO E AS ESPECIES DE ÁRBORES QUE HAI NAS BEIRAS. TAMÉN CONTÁRONNOS QUE SE LLE CHAMA O RÍO DOS MIL NOMES E A LENDA DE      " O DEMO ASUBIADOR" .MOITAS GRAZAS A XOSÉ, PABLO E MANUEL.

Monstro de cores na mesa de luz

Imagen
Hoxe Sofía trouxo da súa casa o conto do monstro de cores para contar na mesa de luz. Gustounos moito. Grazas María e Sofía por compartilo con nós.

XOGAMOS a ESCRIBIR

Imagen
Estreamos os novos moldes para plastilina componiendo o noso nome.

Xogos Populares

Imagen
Hoxe comezaron os traballos para adecentar o patio traseiro da escola. Aquí tedes as mamás e os papás traballando duramente. Graciñas.

Comezando coa compostaxe

Imagen

CARAPUCHIÑA VERMELLA

Imagen
Comezamos "UN ANO DE CONTOS TRADICIONAIS"  Escoitamos moi atentos e desfrutamos do conto de CARAPUCHIÑA cos títeres da avóa, o lobo e Carapuchiña.
Imagen

Aniversarios 3º Trimestre

Imagen

A sementar

Imagen
HOXE PASAMOS AS PLANTAS DAS CABAZAS DA SEMENTEIRA Á TERRA . XA ESTABAN TAN GRANDES....

Visita ao Acuario II

Imagen

Visita ao acuario I

Imagen
ONTE VISITAMOS O ACUARIO DO GROVE. FIXEMOS OBRADOIROS DE PESCAR E VISITAMOS A EXPOSICIÓN E AOS PEIXES. APRENDIMOS MOITAS COUSAS E DIVERTÍMONOS UN MONTÓN. TAMÉN NO XANTAR NA ILLA DA TOXA COS NOSOS COMPAÑEIROS.

Os Peixes

Imagen

Visita ao CPI Toural

Imagen

Curiosidades do tiburón e a raia

Imagen
Onte viu Jose, o pai dunha compañeira de Figueirido a contarnos curiosidades do tiburón e a raia. E trouxo un cofre cheo de tesouros. Estivemos moi atentos escoitando as aventuras que nos contou.

Festival Letras Galegas

Imagen

Coñecendo os compañeiros de Campolameiro

Imagen
O venres pasado fixemos unha video conferencia cos compañeiros de Lucía do cole de Campolameiro. Presentámonos, lles contamos os nosos proxectos e lles ensinamos toda a escola. Eles tamén nos contaron moitas cousas de alí e temos moitas cousas en común. Grazas Óscar por deixarnos compartir as nosas experiencias. Ata pronto.

Visita a Alcampo e o Museo do Mar

Imagen

INVESTIGAMOS SOBRE OS ANIMAIS MARIÑOS

Imagen
MENTRES OS MAIORES MARCHARON AO MUSEO DO MAR DE VIGO, NÓS APROVEITAMOS BEN O TEMPO!

MARISCANDO NA PRAIA DE DEILÁN

Imagen
A SEMANA PASADA ESTIVEMOS MARISCANDO COA COFRADÍA DE MARISCADORAS DE COBRES "PEDRA DA OLIVEIRA" ESTIVEMOS TODA A MAÑÁ NA PRAIA DE DEILÁN EN SANTA CRISTINA DE COBRES. RECOLLIMOS MOITAS AMEIXAS JAPÓNICAS E LISAS, DAS GRANDES!! E LOGO VISITAMOS A LONXA.

UNHA VISITA ESPECIAL

Imagen
O venres pasado tivemos unha visita especial. Alma viu vestida de Dori á escola e así despediuse de nós cun sorriso. Ata sempre.

Antón Comodón

Imagen

FACEMOS FAMILIAS

Imagen
Hoxe na clase de Audición e linguaxe fixemos familias. Tiramos o dado e buscamos a súa familia.

BABY SHARK

Imagen

25 de abril Día da EF na Rúa

Imagen

DÍA DO LIBRO

Imagen
Hoxe Día do Libro aprendimos dous poemas en galego sobre o mar e os animais mariños. Esperemos que vos gusten.

A enfermeira Marcela

Imagen
María e Andrea explicáronnos os primeiros auxilios que hai que facer se xurde unha emerxencia. Moitas grazas.

A sementeira

Imagen

Visita ao mercado

Imagen

Visitamos o museo

Imagen

Aniversarios 2ºTrimestre

Imagen

Unha gran sorpresa

Imagen
Hoxe vimos que a nosa moreira xa tiña moitas follas e cando abrimos a caixa dos ovos....OHHH. Naceran un montón de vermes. Rapidamente démoslles de comer.

UN INVITADO EN ROBOTICRA

Imagen
Esta mañá Pedro compartiu a DOC con nós. Un novo robot invitado a ROBOTICRA.

Visita aos Bombeiros

Imagen

2 de abril Concienciación sobre o Autismo

Imagen

Felices vacacións

Imagen
Despois de tanto traballo merecemos unhas vacacións en CHINA. Preparamos as maletas e ímonos ata o 3 de abril.

VISITA Á BRILAT

Imagen
Hoxe visitamos á base "General Morillo", onde puidemos coñecer un pouco mellor como é a vida militar. Pasámolo xenial!!

AO REMATAR NA EXCURSIÓN... SORPRESA

Imagen
Alí, ás portas da BRILAT esperábanos o Coelliño de Pascua.

PASÁMOLO MOI BEN NA ESCOLA DE FIGUEIRIDO

Imagen
E RECIBIMOS A VISITA DO COELLIÑO DE PASCUA

REMATAMOS O PROXECTO DE CHINA

Imagen
Un trimestre adicado a CHINA. Mostra dos nosos aprendizaxes aquí tedes o vídeo resumo.

Instrumentos chinos

Imagen
CON IRENE E ALICIA APRENDIMOS MOITOS INSTRUMENTOS TRADICIONAIS DE CHINA, FIXEMOS UNHA GUITARRA LUNA E BAILAMOS UNHA DANZA CON ABANICOS.

MEDIOS DE TRANSPORTE EN CHINA

Imagen
DANIELA E O SEU PAI RAFA EXPLÍCANNOS QUE MEDIOS DE TRANSPORTE HAI EN CHINA E PARA QUE OS UTILIZAN.

Monumentos chinos

Imagen
Sofía e a súa nai Romina contáronnos os principais monumentos que se visitan en China e que están declarados Patrimonio da Humanidade. Estade moi atentos as explicacións.

Os animais de China

Imagen
Laura e Mateo contáronnos moitas curiosidades sobre os animais que viven en China e ata trouxeron  un oso panda comestible.

AUDICIÓN E LINGUAXE E BEE BOT

Imagen
Hoxe na clase de Audicón e Linguaxe traballamos praxias coa nosa amiga a bee bot.

RESUMO DO TRABALLO DE PRENSA DA SEMANA

Imagen
CONTÁMOSVOS AS ÚLTIMAS NOTICIAS RECOLLIDAS SOBRE CHINA ACONTECIDAS NOS DERRADEIROS DÍAS E QUE NOS PARECERON CURIOSAS E MOI INTERESANTES.

Viaxando por China

Imagen
Coa axuda de Henar viaxamos polo mapa de China e coa tablet coñecimos monumentos, celebracións, festas e tradicións.

Día internacional da muller.

Imagen

OS VESTIDOS CHINOS

Imagen
HOXE CANDELA, PEDRO E A SÚA NAI ANA VIÑERON A CONTARNOS COMO SE VESTÍAN OS CHINOS NA ÉPOCA DOS EMPERADORES. A VESTIMENTA TRADICIONAL CHAMÁBASE HANFU E QUIPAO E EXPLICÁRONNOS AS CORES QUE SE POÑÍAN. DESPOIS FIXEMOS UNS GORROS CHINOS. GUSTOUNOS MOITO.

UN ELEFANTE DA INDIA CHEGOU A BÉRTOLA

Imagen
Un obradoiro Roboticra hindú

UN ROBOT INVITADO NO OBRADOIRO ROBOTICRA. "MÍO O ROBOT"

Imagen
"MÍO o ROBOT" foi o invitado especial no obradoiro ROBOTICRA desta semana. con MÏO descubrimos que os ROBOTs poden debuxar e detectar metais. MÍO prográmase de xeito diferente que a BEEBOT e RATOBOT....e aplicando os nosos coñecementos aprendimos rapidamente coma programalo.

A ESCRITURA CHINA

Imagen
QUEREDES SABER COMO É A ESCRITURA CHINA? POIS MOI ATENTOS Á EXPLICACIÓN DE NOELIA :  

A BEEBOT DISFRÁZASE PARA TRABALLA CON NÓS

Imagen
NO OBRADOIRO "ROBOTICRA" FALAMOS, LEMOS, CONTAMOS, ORIENTÁMONOS NO ESPAZO E DIVERTÍMONOS. A ROBÓTICA TAMÉN FORMA PARTE DO PROXECTO DE CHINA. UNHA BEEBOT DRAGÓN.

LISTAXE ADMITIDOS 1º PRIMARIA RESERVA DE PRAZA NO CPI do TOURAL.

VER LISTAXE

XOGOS CHINOS

Imagen
ONTE FORON SOFÍA E MARÍA AS QUE NOS FALARON SOBRE OS XOGOS QUE INVENTARON OS CHINOS: TANGRAM, DOMINÓ, MIKADO...E CONTÁRONNOS UN CONTO CON "SOMBRAS CHINESCAS". ESTIVEMOS MOI ATENTOS E DESPOIS XOGAMOS POR GRUPOS A ESES XOGOS.

INVENTOS CHINOS

Imagen
Gracias a Mateo e a súa nai María soubemos un montón de inventos de China como a pólvora, o papel, a seda, a cometa e ata a pasta dos macarróns. E despois nun obradoiro fixemos a nosa cometa de papel.

Ano Novo chino

Imagen
O PASADO VENRES INICIOUSE O ANO NOVO CHINO E EN BÉRTOLA QUIXEMOS CELEBRALO. VEU PABLO, O PAI DE ALMA E EXPLICOUNOS COMO O CELEBRAN ALÍ. FIXEMOS UN DESFILE POLO PATIO CUBERTO CO DRAGÓN, ABRIMOS OS NOSOS SOBRES VERMELLOS CON CARTOS DE CHOCOLATE E FIXEMOS CON MATERIAIS DE REFUGALLO UN PEQUENO DRAGÓN QUE NOS VAI DAR MOITA SORTE. FOI MOI DIVERTIDO.

AÑO NUEVO CHINO

Imagen
PABLO, el padre de ALMA VINO A LA ESCUELA A CELEBRAR CON NOSOTROS EL AÑO NUEVO CHINO QUE ES HOY: 16 DE FEBRERO!!!! BIENVENIDO AÑO DEL PERRO!!!!

MADAMA DE COBRES

Imagen
Hoxe tivemos unha gran sorpresa. Henar trouxo ao cole o seu traxe de madama e explicounos todas as partes que o compoñen e vestiuse diante nosa. Moitas grazas Henar. É un vestido precioso.

A seda china

Imagen
Hoxe visitounos Diego e a súa nai Elaine que nos contaron de onde sae a seda china e as 4 fases dos vermes da seda. A profe ensinounos a caixa onde están gardados os ovos que nacerán en primaveira.

ENTROIDO 2018

Imagen

Sesión de maxia

Imagen
ANTES DA FESTA DE ENTROIDO MATEO FÍXO UNS TRUCOS DE MAXIA QUE NOS GUSTARON MOITÍSIMO. GRAZAS.

Unha lenda china

Imagen
Hoxe Henar contounos unha historia sorprendente, a lenda do dragón e a perla. Gustounos moito Henar. Moitas grazas.

Que se come en China?

Imagen
Rodrigo e a súa nai Verónica explicáronnos as comidas típicas de China. Tamén trouxeron arroz, polo, rollito de primaveira e pan  para que o probaramos. E comimos cos pauciños. Graciñas.

XOVES, EXIPCIOS.

Imagen

Mateo vestido cun punjabi

Imagen
Mateo veu vestido hoxe cun "punjabi" que é o traxe típico hindú. Tamén trouxo unha fiambrera da India onde levan os nenos á escola a merenda e os pais/ nais a comida ao seu traballo. Ensinounos unha rupia que é a moneda da India.

MÈRCORES DE HINDÚS

Imagen