Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

Fotos das vosas actividades na casa

Imagen

AUDICIÓN E LINGUAXE: XOGOS

Imagen
Hoxe tócanos soprar, imos facer 2 xogos diferentes: 1º XOGO: BURBULLAS Necesitamos: 1 pajita 1 vaso con auga Imos soprar coa pajita no vaso con auga para formar burbullas, primeiro empezaremos soprando amodo para aos poucos ir soprando máis forte, a ver que pasa coas burbullas!!!! 2º XOGO: BONECO DE NEVE Necesitamos: 1 debuxo dun boneco de neve 2 algodón 1 algodón pintado de laranxa (para o nariz) 1 algodón pintado de negro para os ollos Colocamos o debuxo do boneco de neve e fóra del colocamos trocitos de algodón branco, negro e laranxa. Deberemos soprar sobre o algodón coas mans nas costas (non vale usar pajita para soprar) e aos poucos ir levándoo con noso sopro dentro do debuxo para formar o boneco de neve. A SOPRAR!!!!!!

AUDICIÓN E LINGUAXE: SOAN IGUAL?

Imagen
Comezamos a semana con enerxía!!!! Xa queda menos para vernos!!!!!!  Hoxe propóñovos un xogo de atención, imos ver se estades moi atentos e sodes capaces de saber se as palabras que soan son iguais ou diferentes. Pulsa nas imáxenes para ver os vídeos.

Quedamos na casa

Imagen
Alégrome que sigades en contacto sen importar donde estea a vosa casa...Maryland, Arcade, Pontevedra, Bértola, Lugo...

AUDICIÓN E LINGUAXE: CARREIRA DE EIRUGAS

Imagen
Hoxe propóñovos que fagades unas eirugas de papel, decorédelas ao voso gusto e fagades carreiras con elas soprando cunha pajita. Pulsade sobre a imaxe e lévavos ao tutorial de como facelas.

Recordos

Imagen
Xogando aprendemos.

VIDEOCHAMADAS

Imagen
Hoxe rematamos as videochamadas con todos e todas. Un bico grande.😘

AUDICIÓN E LINGUAXE: BUSCA O INTRUSO

Imagen
Hoxe déixovos un vídeo no que temos que buscar o intruso, teredes que estar moi atentos para descubrir que é o que non debería estar aí. Pica na imaxe A xogar!!!!

ACTIVIDADES DESTES DÍAS

Imagen
Encántanos que fagades tanto as propostas que poñemos no blog coma outras moitas que se vos ocurren. Hoxe ademáis felicitamos a Pedro que xa ten 6 años.

VIDEOCHAMADAS

Imagen
Que ilusión poder falar con vós e contarnos o ben que o pasades e como extrañades aos compañeiros e compañeiras. 

Contos na casa

Imagen
https://olgadedios.es/libros/

AUDICIÓN E LINGUAXE: HOXE SOMOS PINTORES E PINTORAS!!!!!!

Imagen
Hoxe imos ser pintores pero non con pincel!!! Imos pintar con pajitas Necesitamos: -   Acuarelas líquidas ou témperas. -    Pajitas. -    Papel. -    Pincel. Pasos a seguir: 1-   Diluímos as acuarelas ou témperas en auga. 2-   Botamos unhas pingas de pintura co pincel no papel. 3-   Collemos a pajita e sopramos sobre as pingas de pintura para que ao ser arrastradas polo aire deixen marcas e debuxos.   4- Xa temos un bonito debuxo!!!                                                                                            Anímovos a que nos mandedes fotos das vosas obras de arte!!!!!!

VIDEOCHAMADAS

Imagen
Onte e hoxe fixemos videochamadas a través do móbil do Cra con nenos e nenas de 5 e algún de 4 anos. Encantounos poder veros e contarnos cousiñas. Esperamos que a vos tamén. ❤

AUDICIÓN E LINGUAXE: HOXE XOGAMOS CON PEPA PIG!!!!!

Imagen
Bos días, hoxe imos xogar coa nosa amiga Pepa Pig e a súa familia, a continuación, déixovos a ligazón dun vídeo no que temos que ir repetindo o que vai facendo Pepa, lembrade que é moi importante fixarse moi ben para facelo igual. ATA MAÑÁ!!!!

TAREFAS E RETOS

Imagen
Gracias familias pola vosa colaboración e implicación dende as casas. Sodes o vínculo de unión entre os mestres  e os nenos/as. O noso agradecemento.🌈

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Imagen

AUDICIÓN E LINGUAXE: SOPLAMOS!!!!!

Imagen
Bos días, comezamos semana con enerxía!!!! hoxe propóñovos unha actividade de sopro, imos levar unha bolita de papel por un caminito. Necesitamos: - un folio - un anaco de papel para facer unha pequena bolita - un lapis ou cera Co anaco de papel imos facer unha pequena bolita e despois imos debuxar no folio un caminito polo que imos levar a bolita. Ollo!!!! a bolita non pode saírse do camiño, se se sae hai que volver empezar. Podedes facer unha carreira coa vosa familia, a ver quen é o  máis rápido e o que mellor controla a bolita, jeje!!! Outra opción é debuxar con xiz o camiño no chan. IMOS ALÁ!!!!!

Día mundial do Síndrome de Down

Imagen

AUDICIÓN E LINGUAXE: RUÍDO - SILENCIO

Imagen
Ola nenos e nenas!!!!, hoxe propóñovos una actividade moi sinxela e á que moitas veces xogamos na clase, imos a estar en silencio durante un minuto escoitando moi atentamente se hai algún son, cando termine o tempo temos que dicir que é o que escoitamos. Podemos xogar tantas veces como queiramos!!!!

Segundo día superado. Todo vai a ir ben

Imagen
Imaxinamos, creamos, debuxamos, contamos. En resumo estamos activos.

PROPOSTA SEMANAL DENDE O EDLG

Imagen
Deixámosvos unha proposta semanal dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a proposta mestura: música, movemento, arte, diálogo, creatividade... A POR ELA!

AUDICIÓN E LINGUAXE: ADIVIÑA QUEN FAI ESTE SON

Imagen
 H oxe propóñemosvos un xogo moi divertido, trátase de facer con calquera parte do noso corpo un son e hai que adiviñar que cousa, animal ou persoa faio, por exemplo: unha ambulancia, un pollito, chorar, rir…

Menudos artistas

Imagen