Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2026

Coidamos os nosos montes… e rematamos nunha festa da auga! 🚒💦

Imagen
  Hoxe vivimos unha xornada moi especial na Escola de Bértola. Recibimos a visita de Jose, pai de Lois, acompañado de Carlos, bombeiro encargado da motobomba, que compartiron cos nenos e nenas unha interesante actividade sobre a prevención dos incendios forestais e os riscos que afectan aos nosos montes. A través das súas explicacións, puidemos reforzar e consolidar todo o aprendido a semana pasada durante a visita á base do Campiño. Falamos da importancia de coidar o entorno, actuar con responsabilidade e comprender o labor tan importante que realizan os bombeiros na protección da natureza e das persoas. Despois chegou o momento máis esperado: subir á motobomba! Os nenos e nenas descubriron de preto como funciona este vehículo e aprenderon algunhas nocións básicas sobre o uso da mangueira. O que comezou como unha demostración práctica acabou converténdose nunha divertida festa da auga que nos deixou mollados… e felices! 💦😄 Queremos agradecer a Jose e a Carlos a súa visita, a súa...

ATA SEMPRE ARA

Imagen
 Querida Ara: Moitas grazas por compartir con nós esta semana tan especial. Grazas ás túas propostas puidemos coñecer un pouco mellor as costumes da túa terra: descubrimos os monumentos máis importantes de Córdoba, as súas festas, recreamos un fermoso patio cordobés, preparamos e degustamos un delicioso salmorejo e mesmo aprendemos a bailar sevillanas. Foi unha experiencia moi enriquecedora e divertida para todos/as. Desexámosche moita sorte nesta nova etapa e esperamos que leves un bonito recordo do teu paso por aquí.💗