Páginas

martes, 27 de febrero de 2018

UN ROBOT INVITADO NO OBRADOIRO ROBOTICRA. "MÍO O ROBOT"

"MÍO o ROBOT" foi o invitado especial no obradoiro ROBOTICRA desta semana. con MÏO descubrimos que os ROBOTs poden debuxar e detectar metais. MÍO prográmase de xeito diferente que a BEEBOT e RATOBOT....e aplicando os nosos coñecementos aprendimos rapidamente coma programalo.

A ESCRITURA CHINA

QUEREDES SABER COMO É A ESCRITURA CHINA? POIS MOI ATENTOS Á EXPLICACIÓN DE NOELIA:
 

viernes, 23 de febrero de 2018

A BEEBOT DISFRÁZASE PARA TRABALLA CON NÓS

NO OBRADOIRO "ROBOTICRA" FALAMOS, LEMOS, CONTAMOS, ORIENTÁMONOS NO ESPAZO E DIVERTÍMONOS. A ROBÓTICA TAMÉN FORMA PARTE DO PROXECTO DE CHINA. UNHA BEEBOT DRAGÓN.

miércoles, 21 de febrero de 2018

XOGOS CHINOS



ONTE FORON SOFÍA E MARÍA AS QUE NOS FALARON SOBRE OS XOGOS QUE INVENTARON OS CHINOS: TANGRAM, DOMINÓ, MIKADO...E CONTÁRONNOS UN CONTO CON "SOMBRAS CHINESCAS". ESTIVEMOS MOI ATENTOS E DESPOIS XOGAMOS POR GRUPOS A ESES XOGOS.


INVENTOS CHINOS

Gracias a Mateo e a súa nai María soubemos un montón de inventos de China como a pólvora, o papel, a seda, a cometa e ata a pasta dos macarróns. E despois nun obradoiro fixemos a nosa cometa de papel.



domingo, 18 de febrero de 2018

Ano Novo chino

O PASADO VENRES INICIOUSE O ANO NOVO CHINO E EN BÉRTOLA QUIXEMOS CELEBRALO. VEU PABLO, O PAI DE ALMA E EXPLICOUNOS COMO O CELEBRAN ALÍ. FIXEMOS UN DESFILE POLO PATIO CUBERTO CO DRAGÓN, ABRIMOS OS NOSOS SOBRES VERMELLOS CON CARTOS DE CHOCOLATE E FIXEMOS CON MATERIAIS DE REFUGALLO UN PEQUENO DRAGÓN QUE NOS VAI DAR MOITA SORTE. FOI MOI DIVERTIDO.



viernes, 16 de febrero de 2018

AÑO NUEVO CHINO

PABLO, el padre de ALMA VINO A LA ESCUELA A CELEBRAR CON NOSOTROS EL AÑO NUEVO CHINO QUE ES HOY: 16 DE FEBRERO!!!! BIENVENIDO AÑO DEL PERRO!!!!

jueves, 15 de febrero de 2018

MADAMA DE COBRES

Hoxe tivemos unha gran sorpresa. Henar trouxo ao cole o seu traxe de madama e explicounos todas as partes que o compoñen e vestiuse diante nosa. Moitas grazas Henar. É un vestido precioso.



A seda china


Hoxe visitounos Diego e a súa nai Elaine que nos contaron de onde sae a seda china e as 4 fases dos vermes da seda. A profe ensinounos a caixa onde están gardados os ovos que nacerán en primaveira.

jueves, 8 de febrero de 2018

Unha lenda china



Hoxe Henar contounos unha historia sorprendente, a lenda do dragón e a perla. Gustounos moito Henar. Moitas grazas.

Que se come en China?

Rodrigo e a súa nai Verónica explicáronnos as comidas típicas de China. Tamén trouxeron arroz, polo, rollito de primaveira e pan  para que o probaramos. E comimos cos pauciños. Graciñas.






XOVES, EXIPCIOS.

miércoles, 7 de febrero de 2018

Mateo vestido cun punjabi

Mateo veu vestido hoxe cun "punjabi" que é o traxe típico hindú. Tamén trouxo unha fiambrera da India onde levan os nenos á escola a merenda e os pais/ nais a comida ao seu traballo. Ensinounos unha rupia que é a moneda da India.

MÈRCORES DE HINDÚS

lunes, 5 de febrero de 2018

APRENDENDO SOBRE CHINA.

Seguimos aprendendo un montón de cousas sobre China. Hoxe fixemos un colar co animal que somos no horóscopo chino. Pedro trouxo unha noticia do xornal sobre os osos panda e Noelia invitounos a unhas galletas que dentro tiñan unha mensaxe. Foi moi divertido. Grazas.

LUNS, CHINA.

domingo, 4 de febrero de 2018

ESCRIBINDO COMO OS CHINOS

ENCHENDO O RECANTO

Os nenos e as nenas seguen traendo cousas de China que atopan na casa, escritos e manualidades que fan coa axuda dos pais  ou fotos dalgúns amigos viaxeiros. Moitas grazas a todos.