Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2025

CRAVIVENCIA DE ENTROIDO

Imagen
Hoxe para celebrar o Entroido fixemos unha CRAvivencia na escola de Paredes xunto cos nosos compañeiros/as de Figueirido e Paredes.  En primeiro lugar, e mentras as familias preparaban a merendola, fixemos uns obradoiros creativos: - Elaboración de máscaras con cartón e pinturas. - Decoración de fotografías e retratos con diversos materiais como confeti, pegatinas, rotus... - Obradoiro de spray art utilizando pintura en spray e acuarelas. - Radio escolar contando as nosas experiencias de entroido. Despois de realizar as actividades desprazámonos facendo un desfile ata a Canteira de Paredes para degustar a merendola preparada polas familias e xogar e bailar todos juntos. Agradecer ás familias a participación na elaboración dos disfraces, da merenda, da decoración da Canteira e o acompañamento neste día. Sen vós non sería posible. Grazas.

VISITA DA NOSA MADAMA HENAR

Imagen
 Hoxe recibimos na escola unha Madama moi especial e que queremos moito, Henar, a mestra da escola de Pousada. Veu vestida co seu traxe e ensinounos como se chamaban os diferentes elementos que o componen e comprobamos canto pesaba o gorro. Tamén bailamos con ela e escoitamos moi atentos as súas explicacións. Grazas Henar.