Hoxe visitamos o supermercado Eroski en Poio dentro do noso proxecto anual de "MENS SANA IN CORPORE SANO"
Ensináronnos distintas seccións do super como a pescadería, panadería, froitería...os coidados que temos que ter cando manipulamos os alimentos e a importancia dunha alimentación sana e saludable.
Na sección de droguería, Eva explicounos cómo levar a cabo unha boa hixiene de Mans e un bo cepillado de dentes polo menos tres veces ao día.
Tamén nos agasallaron con Unha deliciosa merenda con froitas variadas, zume natural e uns iogures bebibles. Moitas grazas a Eroski, Eva, Silvia e as demais encargadas que estuvieron con nós nesta xornada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario