Hoxe fixemos unha visita inesquecible a unha exposición de fotografía de animais salvaxes "COMEDY WILDLIFE. As imaxes, cheas de cor e vida, permitíronnos achegarnos á natureza dun xeito especial. Cada fotografía contaba unha historia distinta e axudounos a comprender mellor a importancia de coidar o medio ambiente para protexer todas estas especies. Entre as curiosidades que aprendemos, chamou moito a atención a londra, un animal moi xoguetón que pode pasar horas nadando e buscando alimento nos ríos limpos. Contáronnos como abría as ameixas para comer ou que tiña unha bolsiña para gardar tesouros. Descubrimos que é un indicador da boa saúde dos ecosistemas acuáticos, polo que a súa presenza é unha sinal de que o río está ben coidado. Outro dos protagonistas foi o guepardo, coñecido pola súa incrible velocidade. Grazas ás imaxes e ás explicacións, soubemos que é o mamífero terrestre máis veloz, pero que, a pesar desta habilidade, é unha das especies máis ameazadas debido á perda ...