Nesta sesión de RobotiCRA, utilizamos o Osmo Monster, unha aplicación interactiva que combina o xogo dixital coa creatividade artística. Nesta proposta, o alumnado debuxa sobre unha pizarra borrable e, grazas á cámara do iPad, as súas creacións cobran vida na pantalla, integrándose na historia que vai narrando o simpático monstro Mo.
Durante a sesión, compartimos todos xuntos o desenvolvemento da historia, observando o que ía sucedendo e reaccionando ás diferentes situacións que Mo nos presentaba. Foi unha experiencia moi participativa, na que o grupo ía propoñendo ideas, comentando e disfrutando das reaccións do personaxe ante os nosos debuxos.
A actividade resultou ideal para traballar a expresión oral, a atención e a imaxinación, ademais de fomentar a espera e o respecto polas quendas, xa que cada neno e nena tiña o seu momento para aportar algo á historia.
Unha sesión diferente, chea de maxia, creatividade e moita diversión compartida.




No hay comentarios:
Publicar un comentario