Hoxe na escola despois da lectura de contos sobre as diversas familias, reflexionamos sobre o Día da infancia e a importancia dos dereitos dos cativos a crecer con afecto, a sentirse protexidos e sobre todo, a ter un FOGAR onde medrar con seguridade.
Quixemos poñer en valor este dereito fundamental implicándonos de xeito activo levando a Martín e Laura para casa e así converternos por un día en verdaderas familias de ACOLLIDA.
Esta experiencia axúdanos a comprender a importancia compartida e do cariño que tantas crianzas precisan. Ao coidar dos bebés, reflexionamos sobre as dificultades que viven moitos nenos e nenas e sobre o papel de todos para garantir o seu benestar.















No hay comentarios:
Publicar un comentario