Páginas

martes, 4 de noviembre de 2025

VISITA AO PARQUE DE CAMPOLAMEIRO

 Hoxe o alumnado das cinco escolas do CRA de Vilaboa —Barciela, Bértola, Figueirido, Paredes e Pousada— desfrutou da primeira saída do curso escolar. O destino foi o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, un lugar cheo de historia e de aprendizaxes.

Ao longo da xornada puidemos descubrir os petróglifos, facer cerámica de barro e experimentar coas técnicas de pintura prehistóricas, utilizando pigmentos naturais, tal e como facían as persoas da Prehistoria.

Pero, sobre todo, foi unha saída moi especial porque compartimos o día entre todo o alumnado das cinco escolas do CRA. Foi a primeira vez neste curso que comemos xuntos, gozando dun momento de convivencia e amizade que nos axuda a sentirnos parte dun mesmo proxecto.

Despois de xantar e xogar un pouco, voltamos á tarde con moitas historias que contar e ganas de repetir experiencias coma esta. 🌿✨ 



















































No hay comentarios:

Publicar un comentario