Hoxe gozamos dunha xornada marabillosa de convivencia xunto coas escolas de Figueirido e Paredes. Foi un día cheo de natureza, amizade e moita diversión! 🌿💚 Comezamos cun paseo moi agradable 🚶♀️🚶♂️ ata a fermosa illa de Medal , onde puidemos desfrutar da paisaxe e compartir momentos cos nosos compañeiros doutros centros. O tempo acompañou e fixo aínda máis especial o camiño ☀️🌳. Despois, fixemos unha pausa para repoñer forzas cunha boa merenda 🍉🍈. E como colofón final... xogos na praia de Pontesampaio ! 🏖️ Alí houbo tempo para todo: xogos na area, chapuzóns na auga 💦, castelos de area 🏰, risas e moita ilusión. Foi unha experiencia moi enriquecedora, onde ademais de pasalo xenial, fixemos novas amizades e aprendemos a convivir e compartir 🥰. Grazas a todos os que o fixestes posible: profesorado, familias e sobre todo... aos nenos e nenas! 🧒👧👏 Agardamos repetir pronto!