Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2023

XOGANDO CON HOLOGRAMAS

Imagen
Onte na escola de Bértola con axuda de María de Generación Docentes puidemos crear os nosos propios hologramas! Grazas ao noso croma e ás tecnoloxías do noso espazo CRAcreando #poloscreativos conseguimos transformar os nosos vídeos en imaxes tridimensionais.  Xa somos expertos en hologramas!!! Queredes velo? #cravilaboa #escolarural #poloscreativos #CRAcreando #escolaebértola

ɪᴍᴏs ᴅᴇ ᴠɪsɪᴛᴀ ᴀ ᴄᴀsᴀ ᴅᴇ … (SOCIOGRAMA)

Imagen
ɪᴍᴏs ᴅᴇ ᴠɪsɪᴛᴀ ᴀ ᴄᴀsᴀ ᴅᴇ …   Hoxe visitou a escola de Bértola a profe María de @generaciondocentes  Xogamos a debuxar e percorrer os camiños que separan as nosas casas. Imos de visita e petamos na porta “toc toc” Como xogamos? A primeira premisa foi prescindir na linguaxe verbal 🤫🤐, así que foi a través da vista como comunicamos a nosa elección, empregando un panel con pictogramas dos compañeir@s da escola. Unha vez sinalado coa vista o compañeir@ que queríamos visitar,  asentíamos á pregunta empregando un xesto. Trazamos camiños, visitamos diferentes casas… e pasámolo moi ben! A comunicación pode darse a través de distintas canles, está nas nosas mans aprender a empregalas.😉  #escoladebértola #cravilaboa #escolarural #CPInclúe #InclúeT #ConvíveT