Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2026

TRABALLOS 2° TRIMESTRE

Imagen
 

BENVIDA PRIMAVERA

Imagen
 Hoxe dimos a benvida á primavera pintando con tizas de cores a entrada da nosa escola. A profe Isa axudounos a preparar as pinturas para a decoración primaveral.

TEARES🪡🧶

Imagen
 Hoxe, na Escola de Bértola, tivemos unha visita moi especial 💛 Laura, amiga de Lorena (nai dos nosos Lois e Xulia), achegouse ata a escola cun tear horizontal de baixo lizo. Contounos como está a elaborar unha manta que leva máis dun ano tecendo, pouco a pouco, con moita paciencia e agarimo 🧶 Nós tamén quixemos probar! Creamos os nosos propios teares con cartón e cortiza e, coa axuda de agullas e la 🧶🪡demos os primeiros pasos no mundo do tecido. A artesanía é arte ✨Esta actividade forma parte do noso proxecto CRArte: das orixes á arte popular.