Iniciamos a cuarta sesión arredor da maqueta e comenzamos o faladoiro intentando descubrir e adiviñar os elementos que aparecían e o lugar que representaba a mesma. Despois dunha conversa e tras as aportacións de todos chegamos á conclusión de que era o camiño ata o río. Decidimos descubrir a cubrición que estaba agochada despois de tocala e facer as nosas estimacións.
A continuación entre todos decidimos que obxectos cubriríamos. Debido ao mal tempo e a imposiblidade de cubrir cousas do exterior, eliximos unha moto, unha pelota e un animaliño de xoguete do patio cuberto.
Xa para rematar a sesión fomos ao segundo espazo para unha vez lido un fragmento do poema "Cosas" de Gloria Fuertes representar no noso rolo de papel diferentes obxectos que poidamos cubrir. Para sair da actividade tocamos o xilófono de xeito ordenado.























No hay comentarios:
Publicar un comentario