O pasado martes realizamos unha xornada medioambiental dentro do proxecto de Voz Natura xunto cos integrantes da asociación Vaipolorio, Xosé, Pablo e Manolo. Durante o percorrido colaboramos na eliminación de varios exemplares de herba da pampa, unha especie invasora que ameaza o equilibrio do ecosistema. Tamén aproveitamos para recoller lixo nas beiras do río, contribuíndo a manter este espazo natural máis limpo e coidado.
A ruta incluíu ademais unha visita ao muíño do Toxal, actualmente en proceso de rehabilitación, onde puidemos coñecer mellor o seu valor histórico e patrimonial. Ao longo do fermoso camiño atopámonos con parrulos no río e con algunhas flores que anuncian a chegada da primavera, como a prímula, que xa comeza a agromar entre a vexetación.
Agradecer a Xosé, Pablo e Manolo que compartiron connosco curiosidades e anécdotas do río e a súa contorna e por ensinarnos a valorar e cuidar do patrimonio natural más próximo.
























No hay comentarios:
Publicar un comentario