Páginas

lunes, 2 de marzo de 2026

PLANEA. SESIÓNS 2-3

 Neste proxecto artístico que estamos levando a cabo, usamos os obxectos como elementos conductores e comunicadores.

Ao adestrar a nosa mirada de atención cara aos obxectos, melloramos a relación motriz que compartimos con eles. Tamén activamos o imaxinario, espertamos os sentidos, practicamos a psicomotricidade fina e aprendemos a importancia de dar e recibir entre persoas.

SESIÓN 2

Nesta sesión despois do quecemento inicial, realizamos o xogo de pasarnos a cubrición primeiro indicando ao compañeiro que tiña que recibir e despois utilizando únicamente a mirada como consigna.









Despois pasamos ao segundo espazo preparado para o xogo por parellas das chaves cunha variante respecto á sesión anterior: movemento bilateral sincrónico.






Para rematar e despois da lectura do conto "É tempo de Entroido " seguimos a elaborar o mural colectivo reflectindo obxectos, palabras e emocións.






                                                                                  

SESIÓN 3

Para a realización desta sesión acompaño unos a profe Conchita.

Primeiramente activamos corpo e mente cun quecemento para comezar lanzando o coxín/ cubrición aos compañeiros/as. Primeiro o do lado, despois solamente coa mirada para facelo diciendo unha mentira e sempre tendo presente o contacto visual.








No seguinte espazo introducimos un sinal sonoro externo no xogo: campá e axousere.

Con esta dificultade fomentamos a escoita do espazo sonoro, o ritmo.












Pasamos a derradeira parte da sesión na que seguimos a elaborar o noso mural conxunto esta vez plasmando coas nosas produccións as verbas de Rosalía no poema PARECE UNHA ROSA.









Para rematar, despedímonos da sesión facendo soar as campás de xeito ordenado e tranquilo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario