Hoxe tivemos a oportunidade de coñecer de preto unha das nosas tradicións artesás máis delicadas: o encaixe de palillos. Dúas veciñas de Figueirido, Elisa e Carmen, ofreceron unha fermosa demostración desta arte popular, na que fíos, bolillos e moita paciencia se transforman en auténticas pezas de encaixe. Coa súa habilidade e experiencia, amosaron paso a paso como se crea este traballo minucioso, mantendo viva unha tradición transmitida de xeración en xeración. Foi un momento especial para valorar o patrimonio cultural e o saber facer das nosas artesás.
Graciñas as dúas por compartir con nós todo o saber.
Despois realizamos unha actividade artística inspirada no seu traballo. Empregamos carboncillos para reproducir os debuxos e as formas dos encaixes de Camariñas, fixándonos nos seus detalles e na delicadeza dos patróns. Tamén practicamos a técnica do frottage: colocamos as puntillas debaixo do papel e frotamos suavemente co grafito para que aparecese a textura e o relevo dos encaixes.

















































No hay comentarios:
Publicar un comentario