Páginas

miércoles, 4 de marzo de 2026

PLANTAS AROMÁTICAS

 No marco do programa Voz Natura, o noso alumnado participou nunha actividade moi especial na horta escolar, acompañados por algunhas nais que quixeron compartir esta experiencia connosco.

Primeiramente, traballamos na aula os nomes das herbas aromáticas e coñecemos as súas propiedades, usos e coidados. Falamos da alfábega, do romeu, da lavanda ou do ourego, descubrindo para que se empregan e como contribúen ao coidado da nosa saúde e do medio ambiente.

Despois puxémonos mans á obra. Xa na horta, preparamos a terra, fixemos os buratos e plantamos as diferentes herbas aromáticas con moita ilusión. Foi unha xornada de aprendizaxe compartida, colaboración e contacto directo coa natureza, reforzando valores como o respecto polo medio e o traballo en equipo.

Sen dúbida, unha experiencia enriquecedora que nos permitiu aprender facendo e gozando xuntos.












































No hay comentarios:

Publicar un comentario