Hoxe, na Escola de Bértola, tivemos unha visita moi especial 💛
Laura, amiga de Lorena (nai dos nosos Lois e Xulia), achegouse ata a escola cun tear horizontal de baixo lizo. Contounos como está a elaborar unha manta que leva máis dun ano tecendo, pouco a pouco, con moita paciencia e agarimo 🧶
Nós tamén quixemos probar! Creamos os nosos propios teares con cartón e cortiza e, coa axuda de agullas e la 🧶🪡demos os primeiros pasos no mundo do tecido.
A artesanía é arte ✨Esta actividade forma parte do noso proxecto CRArte: das orixes á arte popular.














































No hay comentarios:
Publicar un comentario