Hoxe na escola de Bértola fixemos unha actividade diferente: creamos debuxos animados. Primeiro lemos o conto “Xaime e as landras” e despois debuxamos ao protagonista da historia.
A continuación, utilizamos a aplicación “Animated Drawings” para animar os nosos debuxos. Deste xeito puidemos ver como os personaxes que crearamos se movían e cobraban vida na pantalla.
Foi unha experiencia diferente e divertida, na que combinamos lectura, creatividade e tecnoloxía.
















No hay comentarios:
Publicar un comentario