Páginas

jueves, 6 de noviembre de 2025

Construcións con LEGO e moita organización - Sesión de RobotiCRA do 5 de novembro

Construcións con LEGO e moita organización - Sesión de RobotiCRA do 5 de novembro 

Nesta sesión de RobotiCRA, traballamos con LEGO (en concreto co set 11042) un material que sempre esperta moitísima curiosidade e ganas de crear. Antes de comezar a construír, fixemos unha pequena reflexión conxunta sobre como é mellor ter o material organizado para atopar as pezas de forma máis rápida e sinxela e, feito isto, colocamos as pezas organizadas por cores.

Despois, por equipos, seguimos as instrucións paso a paso, seleccionando as pezas axeitadas, respectando as quendas e colaborando para conseguir o resultado final. Foi un momento de moita concentración e traballo cooperativo, no que cada un tivo o seu papel.

Unha vez rematadas as construcións, chegou o momento de desmontar e volver clasificar as pezas por cores, reforzando así a importancia da orde, a responsabilidade compartida e o coidado do material.

Tamén houbo espazo para a construción libre, aínda que a maioría do grupo se sentiu especialmente atraída por recrear os modelos tan divertidos e chamativos que aparecían na caixa, desexando conseguir o mesmo resultado que nas imaxes.

Foi unha sesión moi completa, na que combinamos organización, cooperación e creatividade a través do xogo con LEGO. 




















No hay comentarios:

Publicar un comentario