Páginas

jueves, 6 de noviembre de 2025

Construcións con Kapla - Sesión de RobotiCRA do 24 de setembro

 Construcións con Kapla - Sesión do 24 de setembro

Nesta sesión de RobotiCRA traballamos coas pezas de madeira Kapla, que nos permiten crear todo tipo de construcións empregando a imaxinación.

Comezamos coa proposta de construción guiada, na que o alumnado tiña diferentes modelos para reproducir. O reto era conseguir facer unha das figuras, xa fose de maneira individual, en parella ou en pequeno grupo. A concentración, a colaboración e a paciencia foron as claves para logralo!

Unha vez superado o reto, chegou o momento da construción libre. Cada neno e nena puido dar renda solta á súa creatividade, empregando só as pezas Kapla ou combinándoas cos clips feitos coa impresora 3D que temos dende o curso pasado. As combinacións e ideas foron incribles, non houbo límites para a imaxinación!

Foi unha sesión moi divertida, na que o alumnado experimentou, creou e compartiu as súas ideas co grupo.






















No hay comentarios:

Publicar un comentario