Hoxe tivemos unha gran sorpresa na escola. Unha auténtica MADAMA achegouse para ensinarnos o seu traxe e bailar con nós a Danza de Cobres.
A profe Henar, da escola de Pousada, deixounos tocar o seu maravilloso peitoril, probar o sombreiro e contarnos todo o que vai acontecer estes días nas parroquias de Vilaboa.
Viva o Entroido de Cobres.
















No hay comentarios:
Publicar un comentario