O Entroido é unha das celebracións máis significativas da nosa cultura, e traballalo na aula permítenos conectar tradición, identidade e aprendizaxe de maneira vivencial. Partindo do noso proxecto anual CRArte: Das orixes á arte popular, decidimos converter en protagonista o Entroido de Cobres, afondando especialmente nas figuras das Madamas e Galáns, símbolo desta festa tan singular. Descubrimos as características dos seus traxes, cheos de cor, brillo e detalle: os sombreiros adornados con flores e espellos, as fitas, as chaquetas decoradas, as saias con lazos e os múltiples complementos que fan que cada indumentaria sexa única e espectacular.
Propostas na aula
A través de diferentes actividades adaptadas ás idades do alumnado, desenvolvemos múltiples competencias:
🎨 Creatividade Deseñamos os nosos propios traxes de madamas e galáns empregando distintas técnicas plásticas: collage, recorte e pegado.
✂️ Motricidade fina A través do recorte de siluetas, o pegado de pequenos adornos, a elaboración de detalles decorativos e dos collares, traballamos a precisión, a coordinación óculo-manual e o control dos movementos.
🧠 Atención e concentración Realizamos actividades de observación para identificar diferenzas entre traxes, series e secuencias con elementos decorativos, así como xogos de memoria, Doodle e xogo do Lince, todos eles relacionados cos compoñentes da vestimenta tradicional.
Este proxecto permitiunos non só traballar contidos curriculares de maneira globalizada e significativa, senón tamén poñer en valor o patrimonio cultural galego, fomentando no alumnado o respecto polas nosas tradicións.
Hoxe, os papis da nosa Sophia achegáronse á escola para confeccionar una preciosos bolsitos de MADAMA para encher de confetti e rematar así o noso disfraz do Entroido de Cobres. Gracia familia pola vosa idea. Quedaron súper.
Hoxe vivimos unha xornada moi emocionante. Por un lado, abrimos as portas da nosa exposición de traballos deste trimestre. Foi un orgullo ver como os nenos e nenas ensinaban hoxe as súas creacións ás súas familias, que viñeron acompañalos e a compartir con nós o moito que aprenderon e desfrutaron estes meses. Grazas por vir e por formar parte deste día! Pero o día tamén tivo un momento de moita emoción: despedimos a Mónica. Para que leve un recordo inesquecible de todos nós, dedicámoslle un tempo moi especial a escribirle mensaxes agarimosas e a facerlle debuxos cheos de cor. Mónica, leva un pedaciño do noso corazón contigo. Desexámosche o mellor nesta nova etapa! ATA SEMPRE
Comentarios
Publicar un comentario