Hoxe celebramos na escola de Figueirido a Festa do Entroido 2026.
Primeiramente realizamos cos nosos compañeiros/as de Paredes e Figueirido uns OBRADOIROS centrados na temática destas festas.
OBRADOIRO DE COCIÑA
Realizamos este postre tradicional, coñecendo antes todos os ingredientes necesarios e facendo o registro da receita de xeito colaborativo.
OBRADOIRO CARREIRA DO GALO
Realizamos unha serie de xogos motrices recreando a carreira do galo e o galo na vara.
OBRADOIRO ARTÍSTICO
De xeito colaborativo decoramos o sombreiro de Madama con mosaicos, pintamos os traxes con pinturas e fixemos galos con plasti.
E despois nos esperaba unha gran Festa preparada polas familias. Moitísimas gracias.





































































No hay comentarios:
Publicar un comentario