Páginas

jueves, 26 de febrero de 2026

VISITA Á ESCOLA DE CANTEIROS

 Hoxe visitamos a escola de canteiros de Poio, unha experiencia moi enriquecedora para coñecer de preto un oficio con séculos de tradición en Galicia. Durante a visita amosáronnos as aulas, onde o alumnado recibe formación teórica sobre debuxo, historia da arte e técnicas construtivas, fundamentais para comprender o traballo posterior no taller.

No taller puidemos ver como realizan as súas pezas en pedra, empregando ferramentas tradicionais e modernas, pero tamén traballan con outros materiais como o xeso e o barro, que lles permiten practicar volumes, moldes e acabados antes de afrontar proxectos máis complexos. Grazas aos mestres por ensinarnos todas as instalacións con tanto cariño.

















Antes de realizar a visita ás instalacións, demos un paseo polos petroglifos da Caeira e merendamos xunto aos nosos compañeiros/as das escolas de Paredes e Figueirido. Foi un día moi especial.















miércoles, 25 de febrero de 2026

O CARNAVAL DOS ANIMAIS

 Despois da lectura do conto “O carnaval dos animais”, inspirámonos na maxia da música para realizar unha actividade creativa moi especial. Escoitamos un fragmento da obra do compositor francés Camille Saint-Saëns e deixámonos levar polas súas melodías cheas de ritmo e imaxinación.