Entradas

Semana da Prensa

Imagen
Conmemoración da Semana da Prensa: unha intervención sobre o espazo da noticia Con motivo da  Semana da Prensa , realizamos no centro unha instalación artística de grafismo inspirada na proposta do libro  El hombre que rayaba los periódicos , de Eduardo Torres (Rosendo Cid) A actividade converteu a aula nun espazo simbólico no que  a prensa pasou de ser só lectura a ser tamén materia de creación e reflexión . Os xornais cubriron paredes, chan e obxectos, transformando o espazo común nun lugar de intervención gráfica. Sobre ese soporte —a prensa como espazo de comunicación e escritura— experimentamos coa lectura, coa mirada e co xesto. Lemos, rodeamos e tamén raiamos. Intervimos as páxinas, destacando palabras, sinalando imaxes, creando novas relacións entre textos e titulares. A proposta permitiunos pensar na prensa non só como fonte de información, senón tamén como  territorio de interpretación , onde cada lector constrúe significados. As noticias deixaron de ser al...

DÍA INTERNACIONAL DE ACCIÓN POLOS RÍOS

Imagen
 O pasado martes realizamos unha xornada medioambiental dentro do proxecto de Voz Natura  xunto cos integrantes da asociación Vaipolorio, Xosé, Pablo e Manolo. Durante o percorrido colaboramos na eliminación de varios exemplares de herba da pampa, unha especie invasora que ameaza o equilibrio do ecosistema. Tamén aproveitamos para recoller lixo nas beiras do río, contribuíndo a manter este espazo natural máis limpo e coidado. A ruta incluíu ademais unha visita ao muíño do Toxal, actualmente en proceso de rehabilitación, onde puidemos coñecer mellor o seu valor histórico e patrimonial. Ao longo do fermoso camiño atopámonos con parrulos no río e con algunhas flores que anuncian a chegada da primavera, como a prímula, que xa comeza a agromar entre a vexetación. Agradecer a Xosé, Pablo e Manolo que compartiron connosco curiosidades e anécdotas do río e a súa contorna e por ensinarnos a valorar e cuidar do patrimonio natural más próximo.