ANDAINA POLO RÍO DO TOXAL
Hoxe fixemos un percorrido polo río do Toxal e descubrimos que, debido á escaseza de chuvia, o río estaba sen auga. Polo camiño atopámonos con Xosé, que nos contou onde estaban os peixes que sacaron do río e compartiu connosco algunhas curiosidades sobre as plantas e os arbustos da contorna, como o salgueiro. Foi unha experiencia moi interesante para observar, aprender e coñecer mellor a natureza que nos rodea! 🍃🐟
Ah!!! Estivemos moi atentos pero non escoitamos ao demo asubiador.










Comentarios
Publicar un comentario