MARUXA
Como actividade previa á conmemoración do 25 de novembro (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller), traballamos co alumnado a partir da lectura do álbum ilustrado Maruxa, de Eva Mejuto e Mafalda Milhões.
A través desta historia, que dá a volta aos roles tradicionais e promove o reparto xusto das tarefas do fogar, reflexionaremos sobre a importancia da corresponsabilidade, o respecto e a igualdade na convivencia diaria. O obxectivo é que as nenas e os nenos identifiquen situacións inxustas na súa contorna e comprendan que a prevención da violencia machista comeza por construír relacións baseadas na empatía e no trato igualitario dende a infancia.


















Comentarios
Publicar un comentario