25 NOVEMBRO

 Este 25 de novembro, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, realizamos de xeito colaborativo a instalación reivindicativa «UNHA URDIME CONTRA A VIOLENCIA».

A través desta proposta manipulativa e visual, os nenos e as nenas entrelazaron fíos de cores para construír entre todos e todas unha gran rede simbólica. Cada fío representa o respecto, a empatía, o afecto e o compromiso coa resolución pacífica dos conflitos e a NON violencia.
Con esta actividade colectiva buscamos sembrar desde as primeiras idades a semente da igualdade e a solidariedade, aprendendo.que xuntas e xuntos podemos construír un futuro baseado no coidado e libre de violencias.
Tecemos solidariedade. Tecemos igualdade.


















Despois da instalación realizamos unha visita á exposición "HABITAR O BALEIRO"
Visionamos distintas fotografías do rural galego e das nosas tradicións como a coroza que utilizaban para protegerse da choiva. 
No obradoiro fixemos de xeito colaborativo un manual para coidar da nosa verza que levamos para a escola.
























Xa na escola representamos todo o vivido.









Comentarios

Entradas populares de este blog

FIN DE CURSO. EXPOSICIÓN DE TRABALLOS