Páginas

lunes, 7 de abril de 2025

7 de abril Día Mundial da Saúde



𝟟 𝕕𝕖 𝕒𝕓𝕣𝕚𝕝 𝔻í𝕒 𝕞𝕦𝕟𝕕𝕚𝕒𝕝 𝕕𝕒 𝕊𝕒ú𝕕𝕖

PDI anual ᴍᴇɴꜱ ꜱᴀɴᴀ ɪɴ ᴄᴏʀᴘᴏʀᴇ ꜱᴀɴᴏ

                      IOGA na ESCOLA


Conmemoramos o día mundial da saúde con Marcelo Dobode facendo fincapé na saúde mental e na conexión mente-corpo.
Saudamos ao sol, á terra e á lúa. Fixemos a postura da cobra, do can, do gato, da bolboreta e da flor de loto. Gozamos co Ioga!

                 




 


















































A continuación realizamos uns obradoiros creativos vencellados á saúde e benestar xunto cos compañeiros de Figueirido e Paredes.

             OBRADOIRO ARTÍSTICO
Inspirándonos na obra de Annie Morris, realizamos a nosa silueta a través de arame e as nosas fotografías, as que incorporamos flores recollidas no exterior. 










                OBRADOIRO DE MANDALAS 
Seguindo a liña do Land Art, realizamos composicións naturais a partir de elementos da contorna. Tamén traballamos con mandalas reais pintando no exterior acompañados/as de música relaxante. 


















   OBRADOIRO DE PLANTAS MEDICINAIS
Achegamos ao alumnado algunhas plantas medicinais e os seus beneficios, centrándonos naquelas beneficiosas para o aparello dixestivo. As exploramos de forma sensorial, as debuxamos e as plantamos dando forma a un xardín medicinal. 









Ademáis gozamos dunha merenda saúdable que prepararon para todos un pequeno grupo de cativos.
               Foi un día inesquecible 💕















No hay comentarios:

Publicar un comentario