Hoxe iniciamos a temática de Samaín coñecendo o mundo das bruxas. Lemos o conto 'Guapa' e conversamos sobre a súa historia e o importante que é compartir o noso tempo con xente que nos quere tal como somos 🖤
Logo puxemos en práctica os nosos coñecementos sobre meigallos para cociñar o brebaxe que espantará a quen nos queira facer mal: cola de raposo, pel de serpente, ollos de araña, pinzas de escorpión e algún que outro moco... Vaia meigallo máis chorreante!
No hay comentarios:
Publicar un comentario