Esta semana aproveitamos os elementos do millo que temos na escola para realizar xogos de construcción.
Primeiro fixemos unha composición grupal engadindo tantos carozos como nos mandaba o dado. Que cousas tan chulas creamos cando traballamos en equipo!
Despois aproveitamos a actividade para crear individualmente as nosas construccións, e devolvemos á contorna un pequeno amigo perdido que apareceu no medio dos carozos 🦗
No hay comentarios:
Publicar un comentario