Hoxe vivimos unha xornada moi especial na Escola de Bértola. Recibimos a visita de Jose, pai de Lois, acompañado de Carlos, bombeiro encargado da motobomba, que compartiron cos nenos e nenas unha interesante actividade sobre a prevención dos incendios forestais e os riscos que afectan aos nosos montes.
A través das súas explicacións, puidemos reforzar e consolidar todo o aprendido a semana pasada durante a visita á base do Campiño. Falamos da importancia de coidar o entorno, actuar con responsabilidade e comprender o labor tan importante que realizan os bombeiros na protección da natureza e das persoas.
Despois chegou o momento máis esperado: subir á motobomba! Os nenos e nenas descubriron de preto como funciona este vehículo e aprenderon algunhas nocións básicas sobre o uso da mangueira. O que comezou como unha demostración práctica acabou converténdose nunha divertida festa da auga que nos deixou mollados… e felices! 💦😄
Queremos agradecer a Jose e a Carlos a súa visita, a súa cercanía e o tempo compartido connosco. Experiencias así axúdannos a aprender dunha maneira vivencial, divertida e significativa.
Seguimos medrando, aprendendo e coidando entre todos o noso entorno 🌿
















































No hay comentarios:
Publicar un comentario