miércoles, 18 de diciembre de 2013

jueves, 28 de noviembre de 2013

domingo, 17 de noviembre de 2013

MAGOSTO

O PASADO VENRES CELEBRAMOS O MAGOSTO NA ESCOLA.AS MAMÁS E AVÓAS ASARON AS CASTAÑAS E TAMÉN CHOURIZOS.ESTABA TODO BOÍSIMO.GRACIAS.


miércoles, 6 de noviembre de 2013

ALMORZO SAUDABLE

HOXE MÉRCORES VEU XOSEFA ,DOLORES E TOMASITA PARA ENSINARNOS UN ALMORZO MOI SAN E SAUDABLE.TOMAMOS MACEDONIA DE FROITAS, BISCOITO FEITO POR NÓS E IOGUR CON MEL.ESTABA TODO RIQUÍSIMO!!



miércoles, 30 de octubre de 2013

FESTA DO SAMAÍN

HOXE NA ESCOLA CELEBRAMOS A FESTA DO SAMAÍN. DISFRAZÁMONOS DE ESQUELETOS E TOMAMOS UNHA MERENDA MONSTRUOSA: CABAZAS E PANTASMAS.

          UUUUUUUUH!!! QUE MEDO!!!

FESTA DO SAMAÍN on PhotoPeach

CHEGOU O SAMAÍN

SAMAÍN

martes, 29 de octubre de 2013

ALMORZO SAUDABLE

O PASADO VENRES ALMORZAMOS NA ESCOLA MANDARINAS,PLÁTANO, UNHA TOSTADA DE PATÉ E LEITE CON COLA CAO.DESPOIS NOS LAVAMOS OS DENTES.


domingo, 13 de octubre de 2013

martes, 1 de octubre de 2013

ACTIVIDADES CO MILLO

DESPOIS DE RECOLLER O MILLO ESTA SEMANA O DEBULLAMOS, FIXEMOS MANUALIDADES, COMEMOS FLOCOS DE MILLO E TAMÉN COCIDO.


lunes, 30 de septiembre de 2013

SAÍDA A UNHA FINCA DE MILLO

O mércores pasado fomos a finca dos avós de Elva e estivemos apañando millo.Atopamos moitas raíñas e ata comimos mazás dunha árbore.Foi moi divertido e Alfredo invitounos a voltar outro día.



NOVO CURSO ESCOLAR 2013-2014

AQUÍ TEDES AOS NOVOS ALUMNOS DA ESCOLA DE BÉRTOLA. BENVIDOS A MANUEL, CANDELA E MIGUEL.


lunes, 10 de junio de 2013

EXCURSIÓN DE FINAL DE CURSO AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPOLAMEIRO

HOXE LUNS TODOS OS NENOS E NENAS DO CRA ACOMPAÑADOS DOS NOSOS MESTRES VISITAMOS O PARQUE DE ARTE RUPESTRE DE CAMPOLAMEIRO.PASÁMOLO MOI BEN E APRENDIMOS COMO VIVÍAN OS HOMES E MULLERES PRIMITIVOS.


viernes, 7 de junio de 2013

SAÍDA POLO RÍO DOS GAFOS

O PASADO VENRES FIXEMOS UNHA SAÍDA POLA CONTORNA PERCORRENDO A BEIRA DO RÍO DOS GAFOS E PINTANDOO.FOI MOI DIVERTIDA A EXPERIENCIA...

      SAÍDA POLO RÍO DOS GAFOS on PhotoPeach

jueves, 23 de mayo de 2013

VIDEOCONFERENCIA

HOXE CONECTÁMONOS TODAS AS ESCOLAS DOS CRAS DE BOQUEIXÓN-VEDRA, PONTECESO, RIBADAVIA E VILABOA PARA ESCOITAR UN CONTO EN GALEGO.




domingo, 28 de abril de 2013

A Frauta máxica de Mozart

Concerto Didáctico no Conservatorio Manuel Quiroga: "A frauta Máxica"

O grupo de 5º de Infantil asistiu a un concerto didáctico no Conservatorio de Pontevedra. Acompañados do profe Luis, especialista en Educación Musical, puideron escoitar e ver os distintos instrumentos da orquestra e logo desfrutar da representación con monicreques da "Frauta Máxica" de Mozart.

miércoles, 3 de abril de 2013

XA NACERON OS VERMES DA SEDA.

HOXE LEVAMOS UNHA GRAN SORPRESA AL COMPROBAR QUE XA NACERAN OS NOSOS VERMES DA SEDA.SON AÍNDA MOI PEQUENOS IGUAL QUE AS FOLLAS DE MOUREIRA QUE RAPIDAMENTE FOI A BUSCAR A MESTRA O PATIO.HUGO E DANIELA NON DEIXABAN DE MIRALOS......SORPRENDIDOS.


lunes, 25 de marzo de 2013

ANIVERSARIO DE UXÍA, LUCAS, ALEX E BRAIS.

O PASADO VENRES CELEBRÁMOLOS ANIVERSARIOS DOS NOSOS COMPAÑEIROS UXÍA, LUCAS, ALEX E BRAIS.PASÁMOLO MOI BEN E TODO O QUE COMIMOS ESTABA BOÍSIMO.GRACIAS MAMÁS.



jueves, 21 de marzo de 2013

VISITA A APÍPOLIS EN XEVE

ONTE MÉRCORES VIVIMOS UNHA EXPERIENCIA INOLVIDABLE CONVIVINDO UNHA MAÑÁ NUNHA GRANXA DE ABELLAS.




VISITA A APÍPOLIS on PhotoPeach

domingo, 3 de marzo de 2013

DE MERENDA... PIRÁMIDE EXIPCIA!

Construímos unha deliciosa pirámide con sobaos y philadelphia milka. Inda que os exipcios sen lugar a dúbidas o fixeron moito mellor (as súas pirámides inda seguen en pe) nós pasámolo moi ben....e disfrutamos comendo a nosa pirámide.
Foi un traballo en equipo e o resultado... aquí o tedes!

jueves, 28 de febrero de 2013

miércoles, 6 de febrero de 2013

MÉRCORES DE ENTROIDO

HOXE MÉRCORES TOCABA ALGO NAS ORELLAS E TROUXEMOS PENDENTES, AURICULARES E ATA ORELLEIRAS...

                

martes, 5 de febrero de 2013

lunes, 4 de febrero de 2013

LUNS DE ENTROIDO

HOXE LUNS TODOS TIÑAMOS QUE LEVAR POSTO ALGO NO PELO ATA A NOSA MESTRA.

 
        
                

martes, 15 de enero de 2013

FACENDO COMO OS ESCRIBAS

Hoxe estivemos escribindo nos nosos papiros como os antigos exipcios.



CONCERTO ESCOLA MUSICA VILABOA CPI TOURAL


A Escola de Música de Vilaboa ofreceu tres concertos didácticos para os nenos e nenas de Vilaboa. Aquí tedes unha mostra do concerto no CPI TOURAL, e poderedes ver a Brais facendo de director de orquestra.

martes, 8 de enero de 2013

VISITA DOS REIS MAGOS

Estivemos cos reis magos e entregásmoslles as nosas cartas. Eles tiñan un regalo moi especial para nós. Un conto de OQO para cada un!!!!!