Páginas

miércoles, 30 de noviembre de 2022

XOGO DA BOLSA BRINCACONTOS 🧩🦘


 Dende a biblioCRA puxemos en movemento a inicio de curso as bolsas Brincacontos. Unhas bolsiñas con contido da biblioteca que irán rotando ao longo do curso por todas as escolas do CRA. Estas bolsas conteñen contos de diversas temáticas e este ano incorporamos tamén un xogo en cada unha delas para acercar ao alumnado a todas as linguaxes presentes na biblioteca escolar. 

Por iso, eles e elas mesmos son os encargados de explicar o xogo que chegou na primeira bolsiña al resto das escolas do CRA, incorporando un código QR en cada xogo co enlace ao vídeo explicativo dos nenos e nenas. 

Na escola de Bértola tocounos a bolsa vermella, asociada ao programa Iguála-T, e por iso incorpora o xogo do “Quen é quen?” en versión personalizable. 



E se vos preguntades como fixemos este vídeo tan espectacular aquí vos deixamos as fotiños do proceso de grabación co croma, material de Polos Creativos. 











viernes, 25 de noviembre de 2022

TRABALLAMOS COA LÚA 🌔✍️

 













NIN UNHA MENOS 25N

 Dende o CRA de Vilaboa, conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, con esta exposición fotográfica inspirada na obra: ‘Nin unha menos’da artista Ana Gesto.


                   












lunes, 21 de noviembre de 2022

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA 👫👫✨

Dende as nosas escoliñas do CRA reivindicamos o dereito a XOGAR, como medio de descubrimiento, experimentación, aprendizaxe e desenvolvemento dos nenos e nenas. 

Por iso prepramos esta instalación de xogo con material non estructurado con motivo desta conmemoración para dar a importancia que se merece a necesidade de xogo e movemento na infancia.