Páginas

viernes, 20 de junio de 2025

ATA SEMPRE ❤️

 Hoxe foi un día cheo de emocións. Os nenos e nenas viñeron recoller os seus traballos.Este curso vivimos momentos inesquecibles: xogos, contos, risas e moito agarimo. Medraron en todos os sentidos, e nós tivemos a sorte de acompañalos neste camiño.

Grazas ás familias pola vosa confianza e colaboración. 

Vémonos á volta, cun novo curso por diante e moitas ganas de seguir aprendendo 💛

jueves, 19 de junio de 2025

ANIVERSARIOS E DESPEDIDA

 Hoxe rematamos o curso escolar 2024-2025 celebrando os aniversarios das compañeiras que cumpren en verán: Ada, Sophia, Maia e Xulia.

Preparamos entre todos/as a merenda que aportaron as familias e pasámolo moi ben compartindo xogos e conversas.

p







miércoles, 18 de junio de 2025

CRAVIVENCIA NA PRAIA DE PONTESAMPAIO

Hoxe gozamos dunha xornada marabillosa de convivencia xunto coas escolas de Figueirido e Paredes. Foi un día cheo de natureza, amizade e moita diversión! 🌿💚

Comezamos cun paseo moi agradable 🚶‍♀️🚶‍♂️ ata a fermosa illa de Medal, onde puidemos desfrutar da paisaxe e compartir momentos cos nosos compañeiros doutros centros. O tempo acompañou e fixo aínda máis especial o camiño ☀️🌳.

Despois, fixemos unha pausa para repoñer forzas cunha boa merenda 🍉🍈. E como colofón final... xogos na praia de Pontesampaio! 🏖️ Alí houbo tempo para todo: xogos na area, chapuzóns na auga 💦, castelos de area 🏰, risas e moita ilusión.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, onde ademais de pasalo xenial, fixemos novas amizades e aprendemos a convivir e compartir 🥰.

Grazas a todos os que o fixestes posible: profesorado, familias e sobre todo... aos nenos e nenas! 🧒👧👏

Agardamos repetir pronto!