Páginas

martes, 31 de marzo de 2020

Fotos das vosas actividades na casa








AUDICIÓN E LINGUAXE: XOGOS

Hoxe tócanos soprar, imos facer 2 xogos diferentes:

1º XOGO: BURBULLAS
Necesitamos:
1 pajita
1 vaso con auga
Imos soprar coa pajita no vaso con auga para formar burbullas, primeiro empezaremos soprando amodo para aos poucos ir soprando máis forte, a ver que pasa coas burbullas!!!!

2º XOGO: BONECO DE NEVE
Necesitamos:
1 debuxo dun boneco de neve
2 algodón
1 algodón pintado de laranxa (para o nariz)
1 algodón pintado de negro para os ollos
Colocamos o debuxo do boneco de neve e fóra del colocamos trocitos de algodón branco, negro e laranxa. Deberemos soprar sobre o algodón coas mans nas costas (non vale usar pajita para soprar) e aos poucos ir levándoo con noso sopro dentro do debuxo para formar o boneco de neve.

A SOPRAR!!!!!!

lunes, 30 de marzo de 2020

AUDICIÓN E LINGUAXE: SOAN IGUAL?


Comezamos a semana con enerxía!!!! Xa queda menos para vernos!!!!!!
 Hoxe propóñovos un xogo de atención, imos ver se estades moi atentos e sodes capaces de saber se as palabras que soan son iguais ou diferentes. Pulsa nas imáxenes para ver os vídeos.

https://www.youtube.com/watch?v=GlUMp46bNsE&list=PLfVDJFxsvnTRi2fuVBjMK2RDhEbi9hFjJ&index=53 HOLA

sábado, 28 de marzo de 2020

Quedamos na casa

Alégrome que sigades en contacto sen importar donde estea a vosa casa...Maryland, Arcade, Pontevedra, Bértola, Lugo...




viernes, 27 de marzo de 2020

AUDICIÓN E LINGUAXE: CARREIRA DE EIRUGAS


Hoxe propóñovos que fagades unas eirugas de papel, decorédelas ao voso gusto e fagades carreiras con elas soprando cunha pajita.

Pulsade sobre a imaxe e lévavos ao tutorial de como facelas.

https://www.youtube.com/watch?v=masXI2h3qt0

Recordos


Xogando aprendemos.

jueves, 26 de marzo de 2020

VIDEOCHAMADAS

Hoxe rematamos as videochamadas con todos e todas. Un bico grande.😘

AUDICIÓN E LINGUAXE: BUSCA O INTRUSO


Hoxe déixovos un vídeo no que temos que buscar o intruso, teredes que estar moi atentos para descubrir que é o que non debería estar aí. Pica na imaxe

A xogar!!!!
https://www.youtube.com/watch?v=-7P7uy7ZXiA

miércoles, 25 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DESTES DÍAS

Encántanos que fagades tanto as propostas que poñemos no blog coma outras moitas que se vos ocurren.
Hoxe ademáis felicitamos a Pedro que xa ten 6 años.



VIDEOCHAMADAS

Que ilusión poder falar con vós e contarnos o ben que o pasades e como extrañades aos compañeiros e compañeiras. 

Contos na casa

https://olgadedios.es/libros/

AUDICIÓN E LINGUAXE: HOXE SOMOS PINTORES E PINTORAS!!!!!!



Hoxe imos ser pintores pero non con pincel!!! Imos pintar con pajitas
Necesitamos:
-  Acuarelas líquidas ou témperas.
-  Pajitas.
-  Papel.
-  Pincel.
Pasos a seguir:
1- Diluímos as acuarelas ou témperas en auga.
2- Botamos unhas pingas de pintura co pincel no papel.
3- Collemos a pajita e sopramos sobre as pingas de pintura para que ao ser arrastradas polo aire deixen marcas e debuxos.  
4- Xa temos un bonito debuxo!!!                                                                                           


Anímovos a que nos mandedes fotos das vosas obras de arte!!!!!!




martes, 24 de marzo de 2020

VIDEOCHAMADAS

Onte e hoxe fixemos videochamadas a través do móbil do Cra con nenos e nenas de 5 e algún de 4 anos. Encantounos poder veros e contarnos cousiñas. Esperamos que a vos tamén. ❤


AUDICIÓN E LINGUAXE: HOXE XOGAMOS CON PEPA PIG!!!!!




Bos días, hoxe imos xogar coa nosa amiga Pepa Pig e a súa familia, a continuación, déixovos a ligazón dun vídeo no que temos que ir repetindo o que vai facendo Pepa, lembrade que é moi importante fixarse moi ben para facelo igual.


ATA MAÑÁ!!!!

lunes, 23 de marzo de 2020

TAREFAS E RETOS

Gracias familias pola vosa colaboración e implicación dende as casas. Sodes o vínculo de unión entre os mestres  e os nenos/as. O noso agradecemento.🌈




DÍA MUNDIAL DA AUGA



AUDICIÓN E LINGUAXE: SOPLAMOS!!!!!

Bos días, comezamos semana con enerxía!!!! hoxe propóñovos unha actividade de sopro, imos levar unha bolita de papel por un caminito.
Necesitamos:
- un folio
- un anaco de papel para facer unha pequena bolita
- un lapis ou cera
Co anaco de papel imos facer unha pequena bolita e despois imos debuxar no folio un caminito polo que imos levar a bolita. Ollo!!!! a bolita non pode saírse do camiño, se se sae hai que volver empezar. Podedes facer unha carreira coa vosa familia, a ver quen é o  máis rápido e o que mellor controla a bolita, jeje!!!
Outra opción é debuxar con xiz o camiño no chan.
IMOS ALÁ!!!!!

miércoles, 18 de marzo de 2020

AUDICIÓN E LINGUAXE: RUÍDO - SILENCIO



Ola nenos e nenas!!!!, hoxe propóñovos una actividade moi sinxela e á que moitas veces xogamos na clase, imos a estar en silencio durante un minuto escoitando moi atentamente se hai algún son, cando termine o tempo temos que dicir que é o que escoitamos.

Podemos xogar tantas veces como queiramos!!!!


martes, 17 de marzo de 2020

Segundo día superado. Todo vai a ir ben

Imaxinamos, creamos, debuxamos, contamos. En resumo estamos activos.



PROPOSTA SEMANAL DENDE O EDLG

Deixámosvos unha proposta semanal dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a proposta mestura: música, movemento, arte, diálogo, creatividade... A POR ELA!



AUDICIÓN E LINGUAXE: ADIVIÑA QUEN FAI ESTE SON


 Hoxe propóñemosvos un xogo moi divertido, trátase de facer con calquera parte do noso corpo un son e hai que adiviñar que cousa, animal ou persoa faio, por exemplo: unha ambulancia, un pollito, chorar, rir…