Hoxe desfrutamos dunha xornada de convivencia na Escola de Paredes xunto aos nenos e nenas de Figueirido co fin de conmemorar a Semana das Letras Galegas.
O motivo principal da visita foi visitar a nosa radio escolar, Radio Salgadiña, gozando da oportunidade de experimentar coa nosa voz e seguindo a liña da homenaxeada deste ano, Begoña Caamaño, escritora, xornalista e activista que se recoñece pola súa labor na Radio Galega.
Así mesmo, complementamos a xornada cunha chea de contos de de autoría e ilustración galega que acompañaron diversas propostas de xogo na que desfrutamos moito compartindo, creando e convivindo cos compañeiros/as das outras escolas.
" Os fíos de Begoña"
"Animais de compañía"
E tamén outra estación relacionada co Camiño de Santiago na que voltamos a selar as credenciais co selo de Brincacontos.
































































