Páginas

lunes, 27 de abril de 2020

AUDICIÓN E LINGUAXE: SEMANA 27-30 ABRIL

XOGO DA RULETA: pica na ruleta e feixe o que che pida. SOPRAMOS CANDEAS:Imos xogar a soprar candeas, propóñovos que tentedes apagar unha candea de diferentes formas, soprando forte, soprando frouxo, cun soplido curto, cun soplido forte... e se vos atrevedes mesmo tentar apagala soprando polo nariz!!!

RETOS SEMANAIS

Comezamos unha nova semana e damos a benvida a un novo mes no que a primavera e as flores son as protagonistas. Gozade cosas propostas. Bicos.





lunes, 20 de abril de 2020

AUDICIÓN E LINGUAXE: SEMANA 20-24 ABRIL


Bos días nenos e nenas, esta semana déixovos dous retos:

1-         Un vídeo no que deberedes estar moi atentos para poder ir repetindo todas as palabras que vos van dicindo. Picade na imaxe.
aa



2-         Xogamos aos dados, déixovos un enlace para facer 3 dados, en cada dado podedes facer debuxos de diferentes cousas, por exemplo:

* accións: correr, comer, beber...

* obxectos: mesa, pelota, peite…

* persoas: avó, neno, bombeiro…

            Despois tirádelos á vez e formades historias, coas tres imaxes que vos saian na parte de arriba de cada dado.




BOA SEMANA!!!!

TAREFAS E RETOS PARA ESTA SEMANA

XA COMEZAMOS UNHA NOVA SEMANA CHEA DE EXPERIENCIAS, EMOCIÓNS, XOGOS, CONVERSAS E DE ILUSIÓNS. BOTÁMONOS MOITO DE MENOS PERO A TRAVÉS DO BLOG SEGUIMOS EN CONTACTO E MOI PRONTIÑO ESTAREMOS XUNTOS DE NOVO NA ESCOLA. ISO ESPERAMOS TODOS. MOITO ÁNIMO.💖

AS ACTIVIDADES DESTA SEMANA ESTÁN AGACHADAS NESTE MARAVILLOSO BOSQUE DOS GNOMOS. PINCHA NA IMAXE E LEVA O RATO/O DEDO POR TODO O ESPAZO E CANDO ATOPEDES UNHA MAN ABERTA AHÍ ESTÁ O RETO. ESPERO QUE VOS GUSTE.


sábado, 18 de abril de 2020

Estamos na casa

Xa rematamos outra semana. Agora a descansar e voltamos o luns con moitas ganas. Un biquiño.💋





viernes, 17 de abril de 2020

¡Desde o CRA de Vilaboa para tod@s vos!


QUE PODE SER?

HOXE PROPÓÑOVOS UN XOGO MOI DIVERTIDO. IMOS BUSCAR POLA CASA OBXECTOS  DIVERSOS E A PARTIR DE AHÍ FACEMOS UN DEBUXO. VEÑA, FACER VOAR A IMAXINACIÓN.

AUDICIÓN E LINGUAXE: VEXO VEXO


Hoxe imos xogar ao vexo vexo, pero en lugar de dicir a letra pola que empeza a palabra diremos a sílaba pola que empeza. Exemplo: “empeza por za”= zapato.  


Bo finde!!!!

jueves, 16 de abril de 2020

Gozamos na casa










AUDICIÓN E LINGUAXE: IGUAL OU DIFERENTE


Hoxe propóñovos un xogo, tedes que pensar parellas de palabras que soen case igual, por exemplo, PONTE-FONTE, só cambiando unha letra conseguimos dúas palabras diferentes.
 A pensar!!!!!

TRABALLO CO NOME

Hoxe propóñovos unha actividade parecida ás que facíamos no cole de búsqueda de letras. Lembrades? Traballaremos a motricidade fina e a lecto- escritura. Ánimo que xa queda menos.❤


miércoles, 15 de abril de 2020

Todos e todas na casa

Encántanos recibir tantas fotos. Grazas.







AUDICIÓN E LINGUAXE: O CONTO DA SEÑORA LINGUA


Hoxe vouvos a contar o conto da Señora Lingua que todos coñecedes, propóñovos que o fagades comigo.


Atá mañá!!!!

DÍA MUNDIAL DA ARTE

Bos días de novo. Imos con moita enerxía xa na metade da semana. O reto que vos propoño ten moito  que ver coa celebración de hoxe, mércores 15 de abril. 


martes, 14 de abril de 2020

Quedamos na casa








XOGO MUSICAL: COMPÓN UN MINUETO

XOGA


AUDICIÓN E LINGUAXE: PALMADAS!!!!


Bos días nenas e nenos, empezamos o último trimestre do curso con moita forza e sobre todo con moitas ganas e alegría.

 Hoxe propóñovos que busquedes por casa 10 obxectos, Poñédeos en fila e decides os nomes. Ao mesmo tempo que os nombrades ides dando tantas palmadas como golpes de voz ao pronuncialas e contádeas. Exemplo: plato = 2 palmadas.
Despois imos ordenar os obxectos de menos palmadas a máis.

Atá mañá!!!!