viernes, 16 de junio de 2017

UN ANO DE TRABALLO, UN ANO DE APRENDIZAXES

Está a rematar o curso e sentimos orgullo dos nosos cativos, das súas aprendizaxes e os seus progresos. 
Para mostra unha das nosas pequenas, xa toda unha experta dixital na Nube do CRA de Vilaboa. 

jueves, 8 de junio de 2017

martes, 16 de mayo de 2017

OS CABALOS


Mateo, pola súa banda, trouxo un libro feito por el sobre os cabalos e contounos moitas curiosidades sobre eles.

O BURRO


Diego explicounos todo o que aprendeu na súa casa sobre o burro. E fíxoo de maravilla.

UN CONTO ENCANTADO "A Galiña azul" de Carlos Casares

Mañá celébranse as LETRAS  GALEGAS e este ano 2017 adícanse a Carlos Casares.
O libro da "A Galiña Azul" incorporouse á nosa Biblioteca de aula e onte descubrimos que non é un conto cualquera, é un conto animado, é máxico.
Se poñemos o noso IPAD enriba do conto e o exploramos con AURASMA atopamos  moitas sorpresas.


E dende casa poderísmos descubrilas?  Se temos o conto da Galiña azul si!!!! Só temos que descargar a APP de Aurasma  no teléfono ou Tablet e seguir o canal público"GALIÑA AZUL" . Explorando con AURASMA descubriredes as sorpresas ocultas 


O conto fala, canta e baila !!! que divertido !!!!



Unha lectura diferente chea de sorpresas!!!!

viernes, 12 de mayo de 2017

APROVEITANDO QUE A CHUVIA CESOU

PLANTAMOS CABACIÑAS E LEVAMOS OS TOMATES A CASA PARA TRASPLANTALOS


UN MESMO CONTIDO TABALLADO DE DISTINTOS XEITOS

Cada neno e cada neno ten o seu propio ritmo de desenvolvemento. A nosa tarefa é acompañalos e guialos no seu camiño.
Non todos teñen que facer o mesmo do mesmo xeito. Son distintos os camiños que nos levan ao mesmo destino.







Hoxe estrenamos a nosa maletiña das Letras. 


viernes, 5 de mayo de 2017

EN PLENA FAENA SORPRENDEUNOS A CHUVIA e ...CAMBIO DE PLANES

Se non podemos plantar teremos que facer outra cousa: PREPARANDO NOVAS SEMENTES 




TRABALLANDO NA NOVA MINI HORTA

A ESCOLA de Bértola está a invertir en NATUREZA. 
Entre todos habilitamos un novo MINI HORTO para aloxar comodamente ás CABACIÑAS. 
Este OUTONO ímonos apañar coa nosa colleita para o SAMAÍN

Espazo preparado. Agora temos menos cunchas para xogar, pero merece a pena o cambio. 


A sementeira xa non da máis de si

Trasplantar sen parar 




Enchendo a MINI HORTA

E polo de agora TRABALLO FEITO

martes, 25 de abril de 2017

MARTES "MATEMÁTICOS"


Ao longo do tercero trimestre traballaremos máis a fondo se cabe as matemáticas. Os martes adicaranse especialmente aos xogos matemáticos.
Hoxe tocou regretas, números e cuantificacións. Contamos, asignamos cantidade, buscamos o número que representa a cantidade... numerosas operacións que constitúen grandes pasos intelectuais.  
O XOGO, coma sempre o noso aliado. 



Tantas pinzas como formas ten a cometa.



Contamos os froitos e buscamos o número adecuado. 

Busco solucións. Precisó tres brancas para formar unha verde clarito.