No marco do programa Vexo Veo Xacobeo do Plan Proxecta+, o noso alumnado viviu unha xornada moi especial chea de aprendizaxes e convivencia.
Comezamos a actividade coa visita de Trovador e Burlón, que nos levaron de viaxe pola historia do Camiño de Santiago dun xeito moi ameno. A través do Códice do Camiño de OQO Editora, fomos coñecendo curiosidades, personaxes e tradicións desta ruta milenaria, espertando a nosa imaxinación e interese.
Despois, puxémonos en marcha para vivir a experiencia en primeira persoa, realizando un pequeno tramo do Camiño Portugués. Durante o percorrido, tivemos a oportunidade de selar as nosas credenciais na igrexa de Santa Marta de Bértola, sentíndonos como auténticos peregrinos e peregrinas.
Esta actividade tamén foi unha ocasión perfecta para compartir momentos cos nosos compañeiros e compañeiras de Figueirido e Paredes, fortalecendo lazos e gozando dunha xornada de convivencia ao aire libre.
Sen dúbida, foi unha experiencia enriquecedora que nos permitiu aprender, descubrir e medrar xuntos, achegándonos un pouco máis á cultura e tradición do Camiño de Santiago.































No hay comentarios:
Publicar un comentario