Páginas

miércoles, 30 de noviembre de 2022

XOGO DA BOLSA BRINCACONTOS 🧩🦘


 Dende a biblioCRA puxemos en movemento a inicio de curso as bolsas Brincacontos. Unhas bolsiñas con contido da biblioteca que irán rotando ao longo do curso por todas as escolas do CRA. Estas bolsas conteñen contos de diversas temáticas e este ano incorporamos tamén un xogo en cada unha delas para acercar ao alumnado a todas as linguaxes presentes na biblioteca escolar. 

Por iso, eles e elas mesmos son os encargados de explicar o xogo que chegou na primeira bolsiña al resto das escolas do CRA, incorporando un código QR en cada xogo co enlace ao vídeo explicativo dos nenos e nenas. 

Na escola de Bértola tocounos a bolsa vermella, asociada ao programa Iguála-T, e por iso incorpora o xogo do “Quen é quen?” en versión personalizable. 



E se vos preguntades como fixemos este vídeo tan espectacular aquí vos deixamos as fotiños do proceso de grabación co croma, material de Polos Creativos. 











No hay comentarios:

Publicar un comentario