Querida Ara:
Moitas grazas por compartir con nós esta semana tan especial. Grazas ás túas propostas puidemos coñecer un pouco mellor as costumes da túa terra: descubrimos os monumentos máis importantes de Córdoba, as súas festas, recreamos un fermoso patio cordobés, preparamos e degustamos un delicioso salmorejo e mesmo aprendemos a bailar sevillanas.
Foi unha experiencia moi enriquecedora e divertida para todos/as. Desexámosche moita sorte nesta nova etapa e esperamos que leves un bonito recordo do teu paso por aquí.💗















No hay comentarios:
Publicar un comentario