Os maios son unha das celebracións máis fermosas e antigas da cultura popular galega. Esta festa, que dá a benvida á primavera, ten a súa orixe en antigos rituais vinculados ao renacer da natureza, á fertilidade da terra e á esperanza dunha boa colleita. Co paso do tempo, converteuse nunha tradición chea de cor, música e participación veciñal.
A preparación dun maio require coñecer ben os elementos que lle dan forma e significado. Primeiro a estructura feita polo avó César. Despois análise dos elementos naturais necesarios para a súa elaboración.
Saída pola contorna próxima para apañar os materiais necesarios.
A actividade comezou coa realización dun deseño previo do maio, no que o alumnado puido achegar ideas, decidir a forma, os materiais e a decoración que querían empregar. Esta primeira fase permitiu planificar o traballo e fomentar a creatividade e a participación de todos e todas.
Unha vez rematado o deseño, e coa valiosa colaboración das familias, iniciamos a elaboración do maio. Foi unha experiencia enriquecedora e un verdadeiro exemplo de traballo colaborativo, na que alumnado, profesorado e familias uniron esforzos, ilusión e creatividade para dar forma a unha tradición tan nosa. O proceso favoreceu a cooperación, a convivencia e o sentimento de pertenza á comunidade educativa.
Xa para rematar elaboramos axudados polas familias das coplas. Nesta ocasión, as coplas recollen algunhas das actividades máis significativas que realizamos ao longo do curso, lembrando momentos compartidos, aprendizaxes e experiencias que nos fixeron medrar xuntos. Aproveitamos esta celebración para dar voz a unha petición moi especial: a necesidade de contar con novos xoguetes para o patio escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario