Durante estas datas tan especiais llevamos a cabo unha fermosa actividade coas familias, na que pequenos e maiores compartieron tempo, creatividade e ilusión. Xuntos confeccionaron un centro de Nadal empregando elementos naturais, fomentando así o respecto pola natureza e o uso de materias da contorna.
Utilizáronse follas de magnolio, acibo, tuia, eucalipto, así como piñas e paus, que serviron de base para crear composicións únicas. As familias colaboraron activamente axudando aos nenos e nenas a manexar os materias, a combinar texturas e cores diversas.
Esta actividade reforzou os lazos familia- escola, converténdose nun momento de encontro, aprendizaxe compartida e desfrute. Mil gracias familias por facelo posible.








































No hay comentarios:
Publicar un comentario