Páginas

sábado, 6 de abril de 2024

RobotiTRANS

Nesta semana na que conmemoramos a diversidade afectivo-sexual, aproveitamos o obradoiro de RobotiCRA para coñecer a historia de Luísa, Moncho, Edu, Luca e outras personaxes realizando unha proposta de robótica sen robot. Así, descubrimos que as cousas non sempre son o que parecen e que existen mil formas de ser e sentir,

todas válidas e marabillosas ❤️🧡💛💚💙💜


Primeiro, seguimos a pista da tarxeta para descubrir a que conto conducía o camiño proposto.




















Despois localizamos o conto de inicio e o conto de fin, e tivemos que inventar o camiño para chegar.









E por último atrevémonos a realizar as nosas propias pistas! De xeito cooperativo escollemos un conto de inicio, un conto de fin e propuxemos o camiño. Como mola ser roboexpert@s!












No hay comentarios:

Publicar un comentario