Páginas

martes, 5 de marzo de 2024

CRAvivencia e morcegos 🦇


 Esta mañá desfrutamos dunha xornada marabillosa na Escola de Bértola onde recibimos a visita de Zeltia da Asociación de Morcegos de Galicia, con quen compartimos moitos dos nosos coñecementos deste animal e quen nos ensinou moitas cousas sobre eles e sobre o seu traballo con estes animais tan fascinantes. 

Despois, seguindo o aprendido, e no marco do noso proxecto de Voz Natura, desprazámonos ao Río dos Gafos para colocar este refuxio de morcegos con Xosé e Pablo da Asociación Vai polo Río. Con eles compartimos a importancia da preservación deste espazo e das súas especies a través dun fermoso paseo por este espazo. 


























































No hay comentarios:

Publicar un comentario