Páginas

viernes, 23 de febrero de 2024

ROBOPOEMA ✍️🌹

 Con motivo do día de Rosalía, o noso novo amigo Doc propúxonos un reto dificilísimo: crear o noso propio poema buscando palabras que rimasen!

Partindo de palabras significativas do poema de Rosalía traballado (como Rosalía, Moucho e Penedo), o primeiro que fixemos foi escoller a nosa palabra favorita entre as que Doc nos trouxo no panel, programándoo para que fixera o camiño correcto.


















Como somos roboexpertos guiámolo xenial e tod@s chegamos á palabra escollida!





Unha vez tiñamos todas as palabras para o noso poema, chegou a parte máis difícil... Atopar as palabras que riman!






Por suposto fixémolo xenial, e decidimos distribuir o noso poema en 3 versos: escollemos que grupo de palabras iría primeiro, a orde das palabras en cada un... Somos uns artistas!

















Finalmente escoitamos o noso precioso poema, puxémoslle un título entre tod@s baseándonos no que nos transmitía e ilustrámolo.







Quedounos un poema espectacular 😍 FELIZ DÍAS DE ROSALÍA!






No hay comentarios:

Publicar un comentario